Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Inscrición rutas Bueu e o polbo

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

O Concello de Bueu, a través da concellaría de turismo, organiza as rutas guiadas ‘Bueu e o polbo‘ que se insiren no marco das ‘Xornadas de Exaltación do Polbo‘ e nas que se coñecerán os espazos vinculados á captura deste cefalópodo e á súa vinculación coa vila bueuesa.

APARCADOIROS PÚBLICOS

Acceder ao plano esquemático en PDF de aparcadoiros públicos.

Pode acceder á localización en Google Maps, de cada aparcadoiro, pulsando no número do aparcadoiro no plano en PDF.

Agora en Bueu

Imáxes de actualidade

🐙 Queredes coñecer os espazos polos que se move o polbo?

No marco das II Xornadas de Exaltación do Polbo, dende o Concello de Bueu organizamos 🚶‍♀️ dúas rutas guiadas nas que explicaremos a historia e os lugares do Polbo de Bueu. 

Serán o 10 e o 24 de maio e precísase inscrición previa. Como facela?

☑️ A través do formulario dende a nosa páxina web.
☑️ No teléfono 986390029 (Ext. 2).
☑️ No 2º andar da Casa Consistorial de forma presencial.
📲 O Concello de Bueu, a través do departamento de benestar social, ofrece á cidadanía tres cursos inseridos no programa “Reto Dixital” da Deputación Provincial de Pontevedra. Os obradoiros serán o uso da banca móbil e as compras electrónicas, o Sergas, a súa aplicación electrónica e Telea, e as redes sociais. 

✍️ Aínda coas datas pendentes de confirmación, van dirixidos a persoas de máis de 50 anos, as cales se poderán inscribir no enderezo electrónico benestarsocial@concellodebueu.gal, con nome e apelidos, data de nacemento e teléfono de contacto.
📢 Estreamos uns buzóns para recoller as suxestións e queixas da veciñanza.

O Concello de Bueu vén de estrear este mes uns buzóns a través dos que se recollerán as suxestións e peticións da cidadanía e que forman parte dun proceso de escoita cidadá para construír un novo proxecto de goberno máis preto das necesidades da veciñanza. Este xoves tivo lugar a presentación pública da proposta no exterior da Biblioteca Municipal Torrente Ballester, nun acto que serviu de posta de longo e que contou coa presenza de Félix Juncal, alcalde da vila, e Isabel Quintás, tenente de alcalde.

Os buzóns van estar dispoñibles en seis instalacións municipais nas que existe gran afluencia de persoas, caso da propia Biblioteca Torrente Ballester, a Praza de Abastos, a Casa do Pobo de Beluso, o Centro Sociocultural de Cela, e os pavillóns Pablo Herbello de Bueu e o de Beluso.

Deixamos toda a info na ligazón da nosa BIO.
aXente#moveBueu

Explicámosvos todos os mecanismos de escoita activa que temos en marcha para comunicarnos coa veciñanza e anunciamos un novidoso que estreamos...

Queredes saber cal é?