Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Concelleira: Laura Ogando Muñiz

  • Información departamento: Os Servizos sociais municipais son o sistema de protección social máis preto da cidadanía e do seu ambiente familiar e social, que desenvolve programas e presta axudas que favorecen a participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do municipio, trabállase con especial incidencia naquelas persoas ou colectivos que, por calquera circunstancia, están en situación de desvantaxe social.

Días de atención ao público: Luns- Mércores e Venres
Horario de atención: 9:00 a 14:00 h.

Rúa Eduardo Vincenti 28, baixo

Teléfono: 886 12 48 16

Funcións

  1. O estudo e diagnóstico social da comunidade, que implica a detección e análise de necesidades e demandas, explícitas e implícitas, no seu ámbito de intervención.
  2. A elaboración dun plan de intervención comunitario acorde coas necesidades detectadas ou anticipadas no diagnóstico social.
  3. A identificación de grupos de poboación vulnerables e a detección precoz de situacións de risco para o desenvolvemento de actuacións de carácter preventivo e de promoción social.
  4. A atención das situacións individuais, a información en relación coas demandas presentadas, o diagnóstico e a valoración técnica previa e a consecuente intervención no caso, que incluirá, cando sexa conveniente, a derivación cara ao recurso idóneo dentro do sistema galego de servizos sociais ou a outros sistemas de benestar ou a asistencia nos trámites necesarios para acceder a outros recursos.
  5. A participación na xestión das prestacións económicas e o seguimento dos correspondentes proxectos personalizados de intervención nos termos establecidos na normativa específica en materia de inclusión social.
  6. A xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, nos termos establecidos na normativa que resulte aplicable.
  7. A información, a orientación e o asesoramento a toda a poboación, facilitando o seu acceso aos recursos sociais.
  8. O fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas que impulsen a solidariedade e a cooperación social organizada.
  9. As funcións dos servizos sociais comunitarios básicos previstas na alínea anterior desenvolveranse regulamentariamente

Equipo Profesional

Os programas e proxectos do departamento Municipal de Benestar Social son desenvolvidos por un equipo interdisciplinar de profesionais do ámbito social integrado por dúas traballadoras sociais, unha educadora familiar e unha auxiliar administrativa.
Este equipo profesional realiza a atención á cidadanía, facilitando o acceso das persoas aos recursos sociais existentes nas diferentes áreas de actuación:

  • Inclusión social
  • Discapacidades
  • Voluntariado
  • Migracións
  • Drogodependencias
  • Dependencia
  • Familia, infancia e mocidade
  • Mulleres
  • Maiores
  • Comunidade
  • Novas