No evento participan doce locais hostaleiros da vila que ofrecerán as súas tapas entre o 11 e o 17 de setembro a un custe de 3.00 €.
Nesta iniciativa participan un total de doce locais hostaleiros, que ofrecerán os seus petiscos gastronómicos inspirados en películas, e que se poderán degustar tanto ao mediodía como pola noite, nos horarios estipulados. Concretamente participan Volver, O Ratiño Pequeno, Esmorga, O Farol, Casa Quintela, Buena Vibra, Casa Videira, Pyramis, Morriña, A Cepa e Noite Tapas.
Ademais, a clientela terá a posibilidade de gañar un dos tres vales de 50 € para consumir na hostalaría. As persoas que desexen participar neste sorteo deberán completar o selado das cinco estrelas do cupón, ao ir degustando as diferentes propostas, e entregalo na Oficina de Turismo de Bueu.
Toda a información sobre os locais participantes, os horarios e as tapas, poderase consultar na web do Concello de Bueu, concretamente en “Ruta das Tapas 2023.