O Concello de Bueu e a Asociación de Empresas Hostaleiras da vila organizan do 8 ao 15 de marzo as “III Xornadas gastronómicas en feminino”, unha iniciativa que ano tras ano pon en valor o papel das mulleres na cociña. Coa vista posta no 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, un total de doce locais da vila crearán as súas propias tapas inspiradas na cociña de Amelia González do restaurante Casa Solla.
LOCAIS PARTICIPANTES
- NOITE TAPAS: Empanada aberta de croques
- A CENTOLEIRA: Ravioli de centola da ría e caldo de galiña
- O FAROL: Pan chino recheo de mexillón da ría e chourizo de jabalí
- LA ZARZAMORA: Souffle da Sra. Amelia
- PYRAMIS: Wok de alubias salteadas con salchichas criollas e chipiróns
- CASA QUINTELA: Croquetas do Entroido con paté de chourizo galego
- VOLVER: Biquini de cocido
- RATIÑO PEQUEÑO: Pequeno cóctel de benvida
- TIEMBLA MARUXA: Bomba de mexillón e algas da ría
- A CEPA: Garavanzos con curry e mexillón da ría
- BAIUCA: Rustrido de raxo de porco galego en salsa de améndoa
- MORRIÑA: Timbal de pasta