Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Como fago para levar os residuos ao Punto Limpo?:

O teléfono de atención aos usuarios/as é o 900 725 425. E o seu horario de atención ao público:

Martes e sábados de : 9.00 a 13.00 horas.
Xoves de : 15.00 a 19.00 horas.
Lembra levar sempre o último recibo de pago do lixo!

Onde podo facer o pago de tributos municipais?

Na Oficina de Xestión Tributaria, na rúa Eduardo Vincenti, 53. O teléfono de atención aos usuarios/as é 986 39 00 66.

Como podo facer para falar co Alcalde ou as/os concelleir@s?

O Alcalde atende todos os martes con cita previa na Casa do Concello. Para reservar cita pode chamar ao 986 39 00 29 ou ben facelo persoalmente no 2º andar do Concello.

Tamén ten audiencias en Cela e Beluso:

O segundo xoves de cada mes de 11.00 a 12.00 na Casa do Pobo de Beluso.

O último xoves do mes de 11.00 a 12.00 no Centro Sociocultural de Cela.

Para falar c@s concelleir@s pode facelo chamando ao 986 39 00 29 para concretar unha cita previa ou ben mediante os enderezos electrónicos que aparecen na información de cada área.