Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Asociacións Culturais:

  • A. C. E banda de gaitas tradicionais “Manxadoira”

    • Apdo. de Correos 60 36930 Bueu
    • Teléfono: 699 907 615
    • Teléfono: 667 350 940
    • Fax: 986 320 021
    • Correo: manxadoira@yahoo.es
  • Amigos das embarcacións tradicionais “Os Galos”

    A asociación leva más de dez anos traballando na recuperación e posta en valor das embarcacións tradicionais neste municipio. Na actualidade contamos con máis de media ducia de embarcacións tradicionais en activo cuxo estandarte é o bote polbeiro de Bueu.

  • Asociación Amigos de Chans

    A Asociación «Amigos de Chans» ten como obxectivo animar, xestionar, conseguir e defender o entorno medioambiental, cultural e deportivo do entorno de Chans, na parroquia de Cela.

    • LG/Torre Nº 15 a cela 36930 Bueu (Pontevedra)
    • Teléfono: 638 979 691
    • Teléfono: 656 98 29 20
    • Correo: montesdecela@gmail.com
  • Asociación Cultural Alfombras de Bueu

    A Asociación Cultural Alfombras de Bueu constituíuse co obxectivo de conservar e promover a tradición das alfombras florais do Corpus Christi. Para lograr este fin, ten prevista a realización dunha serie de accións e actividades destinadas a dinamizar e poñer en valor esta manifestación da cultura popular, co propósito de garantie a súa supervivencia e consolidación.

  • Asociación cultural banda de música artística de bueu

    No ano 1997 iníciase a labor da Asociación Cultural da B. de M. Artística de Bueu co obxecto de enraizar a música de banda popular neste concello a través da propia Banda e da Escola de Música onde se imparten clases de tódolos instrumentos da banda.

  • Asociación Cultural Retrouso

    Retrouso conta con grupos e escolas de baile tradicional, gaita, percusión, canto e pandeireta, acordeón e canto coral na parroquia de Cela. Organiza distintos festivais musicais ao longo do ano, no que destaca o Festival Retrouso, en xullo.

  • Asociación Cultural San Marcos de Beluso

    A Asociación Cultural San Marcos de Beluso colabora con este proxecto na Parroquia de Beluso (Bueu) na dinamización cultural entre as xentes que concorren a dita parroquia, considerando todos os tramos de idade: nenos que oscilan entre Educación infantil e primaria, ao igual que adolescentes (13,14,15,16 anos) e adultos de distintas idades e capacidades.

  • Asociación Cultural Sanamedio

    A Asociación naceu no verán do ano 2010 , co principal obxectivo de recuperar a tradicional Romaría de Sanamedio, que se celebra os días 6 e 7 de agosto e que levaba 5 anos sen facerse. A Asociación naceu no verán do ano 2010 co principal obxectivo de recuperar a tradicional Romaría de Sanamedio, que se celebra os días 6 e 7 de agosto e que leva 5 anos sen facerse.
    A esta Romaría acode gran cantidade de persoas dos arredores, principalmente aos diferentes actos relixiosos que se celebran na honra do santo o día 7 de agosto, con misas dende as 8 da mañá.

  • Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo

    AFAMO é unha asociación sen ánimo de lucro creada o 14 de setembro do ano 2000 por un grupo de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias, e cuxa orixe foi a necesidade de dar forma ás demandas das persoas afectadas pola enfermidade. AFAMO traballa por un lado cos familiares das persoas afectadas, asesorando e dando apoio psicolóxico. Formando sobre a adaptación funcional do fogar, emprego de produtos de apoio e realizando charlas específicas.
    Por outra banda, traballa coas propias persoas afectadas, mediante a realización de programas de estimulación e fomento da autonomía, programas de lecer, obradoiros de novas tecnoloxías, saídas culturais, actividades interxeracionais, etc.
    E, por último, traballa coa comunidade, sensibilizando e intentando propiciar un cambio positivo e solidario na opinión pública, formando a profesionais no eido sociosanitario e realizando programas de prevención.

  • Asociación Veciñal A Portela

    A Asociación veciñal do barrio da Portela nace nos anos 90 coa función de obter mellorías para os veciños, arranxo de camiños e demais obras.

    • A Portela, 59
    • Teléfono: 649 61 86 52
    • Teléfono: 986 32 13 46
    • Correo: luisbueu@gmail.com
  • Asociación Española Contra el Cáncer Xunta Local de Bueu

    A aecc integra no seu seo a doentes e familiares, persoas voluntarias e profesionais que traballan unidos para previr, sensibilizar, acompañar as persoas e financiar proxectos de investigación oncolóxica que permitirán un mellor tratamento do cancro.

    • Pazos Fontenla 31, 3ºA 36930 Bueu
    • Teléfono: 659 64 89 36
    • Teléfono: 986 86 52 20
    • Fax: 986 85 25 97
    • Web: www.aecc.es
    • Correo: pontevedra@aecc.es
  • Asociación Juan XXIII

    A ASOCIACIÓN JUAN XXIII é unha asociación sen ánimo de lucro dedicada á formación e promoción integral das persoas con disCapacidade intelectual, que ofrece apoios e servizos de calidade co fin de potenciar as súas capacidades e mellorar a súa vida.

  • Asociacion Micolóxica Naturalista “Liboreiro”

    A Asociación ten como obxectivo a divulgación do coñecemento da Micoloxía, principalmente das especies galegas de fungos, así como de outros temas de interese xeral relacionados coa conservación dos recursos naturais e da biodiversidade.

  • Asociación Social Cultural Recreativa A Peque Factoría

    Un grupo de nais do municipio de Bueu lideraron o proxecto de agruparse e crear unha asociación social cultural recreativa, sen ánimo de lucro, A PEQUE FACTORÍA, co fin de poder reunir aos seus fillos/as, interaccionar, xogar e aprender xuntos.

  • Comision De Festas San Antonio De Meiro

    Somos un grupo de veciños que cada ano, traballamos con ánimo, para organizar unhas festas tradicionais en honor a San Antonio. O programa facémolo pensando en todas as idades. Invitámosvos a participar!

  • Coral Polifónica Acordes De Bueu

    Foi creada o 28 de xullo de 2006 por un grupo de amigos sen ánimo de lucro e amantes da música e do canto coral

    • A Chadiza 52 1º D; C.P.: 36930 Bueu
    • Teléfono: 692 67 31 72
    • Teléfono: 986 32 22 34
  • Coral Polifónica De Beluso

    Agrupación coral formada no ano 1987 na parroquia de Beluso (Bueu).

  • Coral Polifónica De Bueu

    A Coral Polifónica de Bueu fúndase en 1979 por un grupo de persoas amantes do canto coral, veciños de Bueu. O seu primeiro director foi Xesús Moldes Monroy, substituído posteriormente polo aquel entón párroco de Bueu, Xesús Tenorio Pena.
    A Coral sufriu unha paréntese de inactividade ata que en 1996 se fai cargo da direción Rosa Mª Cerviño Loira.

  • Coral Polifónica “Marusía”

    A Coral Polifónica “Marusía” de Bueu foi fundada no ano 1994, participa en diferentes tipos de eventos, fai intercambios culturais con outras corais, pertence a Federación de Corais de Galicia e a sua especialidade son as cerimonias relixiosas.

    • Ruanova de Arriba, 68 36937 Beluso (Bueu)
    • Teléfono: 986 32 09 48
    • Teléfono: 610 63 48 75
    • Fax: 986 32 09 48
    • Correo: coralmarusia@gmail.com
  • Grupo De Gaitas Os Liboreiros

    Música Galega para os teus eventos. Os Liboreiros xurden a comezos do ano 2012 en Bueu, froito do desexo de catro amigos aos que ademais da amizade uníaos as ganas de xuntarse de dous a tres días á semana para tocar pezas tradicionais do folclore galego.

  • Asociación Cultural Novos Ventos

Asociación Cultural comprometida coa labor en materia do ensino, dinamización e a recuperación da
expresión da nosa cultura e tradición galega en tódolos seus aspectos, lingüísticos, musicais, tradicionais e
artísticos en xeral, no concello de Bueu e, en particular, no pobo de Beluso.

  • Lgar Montemogos 115 Beluso
  • Teléfono: 610 381 125
  • Correo: novosventosbeluso@gmail.com