Dende a Oficina de Turismo organízanse rutas de sendeirismo na tempada estival, con inscrición gratuíta. Hai diversas rutas que se repiten ano a ano, como Ruta dos Pazos, Ruta dos Muíños, Ruta polo Antigo Mosteiro de Ermelo, Ruta polas conserveiras de Bueu, Ruta polos montes de Ermelo e A Paralaia, e Ruta polo Sendeiro do Litoral.

Ademais, hai que destacar que ao longo do ano poden organizarse outras rutas, por parte do Concello ou das diversas asociacións do municipio, das que se irá informando a través desta páxina ou nas redes sociais.