Concelleira: Ana Isabel Otero Pastoriza

  • Información departamento

    • Centro de Información ás Mulleres (CIM)
    • Enderezo: Eduardo Vincenti 28B baixo Bueu
    • Teléfono: 986 32 43 95
    • cim@concellodebueu.gal

Horario
Dende o CIM facilitamos un asesoramento profesional de avogada e psicóloga ás mulleres.

  • Horario de Atención ao público: de luns a venres, de 8.00 h. ás 14.30 h.
  • Consulta psicolóxica: de luns a venres, de 8.00 h. ás 14.30 h.
  • Asesoramento xurídico: de luns a venres, de 8.00 h. ás 14.30 h.

Ademais do asesoramento, realizamos unha serie de actividades fixas anuais, que son:

    1. Celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres: Declaración institucional, Gala da Igualdade, Certame de Viñeta e Ilustración e de relato literario xuvenil.
    2. Certame de Relatos de Muller, Matilde Bares: convocatoria anual co gallo do 8 de marzo.
    3. Celebración do 25 de Novembro, Día Internacional da Non Violencia contra ás Mulleres: Declaración institucional, Certame do Cartel da Eliminación da Violencia de Xénero.
    4. Celebración, alomenos trimestral, da mesa de traballo interinstitucional contra a violencia de xénero, na que participa a Subdelegación de Goberno de Pontevedra, Deputación Provincial, Garda Civil de Marín, Policía Local de Bueu, Centro de Saúde de Bueu, EMUME de Pontevedra e CIM de Bueu.

O Cim do Concello de Bueu , en cumprimento do establecido no artigo 21.3 da convocatoria de subvencións ás entidades locais da comunidade autónoma de Galicia informa recibir estas axudas da UE, máis concretamente a deste ano 2018:
RESOLUCIÓN de 22 de xaneiro de 2018 (DOG núm 15) da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

  • Plan de Igualdade 2018-2021
  • 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
  • 8 de marzo, Día Internacional da Muller