Benvid@s á nova páxina do Concello de Bueu, una ventá aberta ao mundo sobre esta nosa fermosa vila, que ano a ano se vai sumando aos novos retos que protagonizan o momento, pero sen esquecer as nosas orixes, a esencia que nos fai únic@s.

www.concellodebueu.gal supón un novo desafío, xa que con esta fiestra virtual a cidadanía bueuesa e demais visitantes poderán somerxerse nas Illas Ons, informarse sobre a historia marítimo – pesqueira da vila no Museo Massó, relaxarse nas nosas praias ou desprazarse ata Cabo Udra. Bueu é natureza, cultura, deporte, gastronomía, historia, patrimonio e etnografía, e por iso traballamos coa máxima de dar a mellor cobertura de todo o que nos define.

Estamos inmers@s nun proceso permanente de transformación e modernización, asumindo cada vez máis e ilusionantes desafíos, como é o caso da posta en marcha da Administración Electrónica, coa que tentamos que a cidadanía dispoña dunha información o máis transparente posible de toda a nosa actividade. Para iso presentamos esta web accesible, dinámica, e cunha certeira vocación de servizo. Conscientes da premura do tempo, iremos incorporando paulatinamente un catálogo de trámites en liña (tanto administrativos como tributarios), aos que poderedes acceder con tan só un clic dende os vosos fogares.

Quero destacar a importancia desta ferramenta útil para a cidadanía coa que facilitamos o acceso á administración, á sección de actualidade, á axenda de eventos e aos arquivos multimedia, co fin de que o que facemos a diario poida ser valorado por todos e todas.

Como instrumentos complementarios a esta web, e seguindo con esa vocación de manter continuamente informadas ás persoas, o Concello de Bueu tamén transmite información a diario a través das redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram), ás que vos convido a asomarvos para non perdervos nada.
E por último, non podía deixar de mencionar que esta nova páxina ampliará os mecanismos de participación para facilitar e garantir o acceso dos cidadáns e cidadás a consultas, suxestións e reclamacións. Agardo, pois, que cumpra as vosas expectativas, con este obxectivo primordial foi creada.

Félix Juncal Novas
Alcalde do Concello de Bueu

foto félix juncal