Piscina Municipal de Bueu
A piscina municipal cuberta de Bueu, situada nas Lagoas, abriu as súas portas á veciñanza en abril de 2021, despois de dous anos de construción dun proxecto orzamentado en 2,8 millóns de euros. A instalación contou co financiamento da Deputación de Pontevedra, a través do Plan de Reequilibrio Territorial, e do Concello de Bueu.
Esta gran infraestrutura, cuxa obra foi acometida por Obras y Servicios Gómez Crespo SL, suporá un gran incremento na saúde e na vida deportiva da cidadanía, xa que ademais do vaso da piscina (cunhas dimensións de 15 x 25), conta con diversas salas polivalentes co fin de fomentar a práctica doutros deportes. Polo tanto, non se trata só dunha instalación deportiva, senón que ten unha forte compoñente relacionada coa potenciación de hábitos saudables, cada vez máis presentes e demandados entre a poboación e nos que o Concello leva traballando moitos anos a través do programa ‘Bueu Concello Saudable’.
COMO PODO UTILIZAR A PISCINA?
Durante esta primeira etapa, na que só se poderá utilizar o vaso da piscina, o horario de apertura será o seguinte: de luns a venres, de 09.00 a 12.00, e de 17.00 a 21.00 h, e os sábados de 09.00 a 12.00 horas.
A piscina municipal cuberta de Bueu, situada nas Lagoas, abriu as súas portas á veciñanza en abril de 2021, despois de dous anos de construción dun proxecto orzamentado en 2,8 millóns de euros. A instalación contou co financiamento da Deputación de Pontevedra, a través do Plan de Reequilibrio Territorial, e do Concello de Bueu.
Esta gran infraestrutura, cuxa obra foi acometida por Obras y Servicios Gómez Crespo SL, suporá un gran incremento na saúde e na vida deportiva da cidadanía, xa que ademais do vaso da piscina (cunhas dimensións de 15 x 25), conta con diversas salas polivalentes co fin de fomentar a práctica doutros deportes. Polo tanto, non se trata só dunha instalación deportiva, senón que ten unha forte compoñente relacionada coa potenciación de hábitos saudables, cada vez máis presentes e demandados entre a poboación e nos que o Concello leva traballando moitos anos a través do programa ‘Bueu Concello Saudable’.
COMO PODO UTILIZAR A PISCINA?
Durante esta primeira etapa, na que só se poderá utilizar o vaso da piscina, o horario de apertura será o seguinte:
— Luns a venres: 7:30 a 13:30 e de 16:30 a 22:00 horas.
— Sábados e domingos: 9:30 a 13:30 horas.
— Festivos: pechado.
Regulamento Réxime Interno Piscina Municipal Cuberta As Lagoas


VÍDEOS SOBRE A PISCINA