Concelleira: Silvia Carballo González

  • Información departamento: Manuela Millán Otero (986 32 46 25)
    omic@concellodebueu.gal
    Rúa de Eduardo Vincenti, nº2

¿Que é a Omic?

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor, é un servizo de carácter público e gratuíto, que depende da Concellería de Promoción Económica do Concello de Bueu.
Foi creada o 13 de Novembro de 2010, e dende entón vén prestando un servizo de información e orientación para os consumidores/as e usuarios/as, así como de mediación nos conflitos que se presentan en materia de Consumo.

¿Cales son as súas funcións?

  1. Ofrece información, axuda e orientación ós consumidores/as.
  2. Encárgase da recepción, tramitación e mediación das reclamacións que se presenten directamente polo consumidor/a ou que lle sexan remitidas por outras Oficinas de Información ó Consumidor ou Asociacións de Consumidores.
  3. Fomentar a educación e a formación dos consumidores/as.
  4. Colabora con outras entidades públicas e privadas, tamén dedicadas á protección dos consumidores/as.
  5. Remite á Xunta Arbitral de Consumo de Galicia aquelas reclamacións nas que non se consegue un acordo mediador.

En xeral, realiza calquera función que contribúa á protección dos consumidores.

Recomendacións antes de reclamar:

  1. Antes de reclamar asegúrese de que a súa reclamación corresponde a feitos certos e comprobados.
  2. Intente sempre resolver o problema de forma amistosa co vendedor ou prestador do servizo antes de efectuar unha reclamación, acuda antes ó servizo de Atención ó Cliente das empresas.
  3. Garde sempre copia de tódolos documentos que teña asinado e esixa factura de compra. (lembre que é necesario un xustificante para demostrar a compra ou prestación dun servizo).
  4. En tódalas comunicacións co vendedor ou prestador do servizo, utilice medios que deixen constancia do envío: fax, burofax, telegrama, e-mail ou solicite o número de incidencia da chamada.
  5. Facilite sempre un prazo de 30 días ao vendedor ou prestador de servizos para que responda a súa reclamación.