Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

APARCADOIROS PÚBLICOS

Acceder ao plano esquemático en PDF de aparcadoiros públicos.

Pode acceder á localización en Google Maps, de cada aparcadoiro, pulsando no número do aparcadoiro no plano en PDF.

Agora en Bueu

Imáxes de actualidade

🫂 O pobo de Bueu mostrou o seu apoio e solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario acontecido na localidade toledana de Urda. 

Dende o Concello de Bueu convocouse este mércores pola tarde unha concentración silenciosa diante da Casa Consistorial á que se sumaron o alcalde, concelleiros e concelleiras da corporación municipal e veciñanza bueuesa.

Félix Juncal, alcalde da vila, lanzou unha mensaxe de ánimo para as persoas e familiares que "están pasando por uns momentos tan terribles que marcarán as súas vidas".
👌 Carmen García, concelleira de cultura e normalización lingüística, visitou este mércores ao alumnado do "Curso de introdución á lingua e cultura galegas", que se imparte no IES Johan Carballeira co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. 

☑️ O curso é unha formación de vinte horas que pretende promover o emprego do galego e o coñecemento da cultura galega en distintos ámbitos da poboación e en todos os contextos da sociedade, dirixíndose particularmente aos novos galegos e galegas provenientes do exterior. 

✍️ Dende o Concello recolléronse as demandas das persoas participantes co fin de implementar melloras neste eido.
🤸🚶‍♀️ O Centro Social do Mar acolleu este venres pola mañá o acto de presentación oficial das ximnasias deportivas municipais que arrancan para a semana. Félix Juncal, alcalde da vila, participou na xornada á que asistiron veciños e veciñas que van comezar as actividades tanto no Centro Social do Mar como no Pavillón Municipal Pablo Herbello de Bueu. 

👌 En total, serán 325 persoas en trece grupos tanto en horario de mañá como de tarde, aos que se unirán os das parroquias de Cela e Beluso e o lugar de Meiro, ademais das clases específicas para as persoas afectadas polo Parkinson. Todos eles suman preto de cincocentas prazas con clases que se imparten de balde.

Toda a info xa na nosa web (ligazón na BIO)
O Concello de Bueu colabora un ano máis coa Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (ASEARPO), e por iso este xoves, 1 de outubro, se iluminou a Casa Consistorial de cor verde, coincidindo co Día Nacional da Artrite.

O acto de encendido simbólico tivo lugar ás 21.00 h e nel participaron concelleiros e concelleiras da corporación, así como membros da asociación pontevedresa.

Esta campaña organízase co obxectivo de sensibilizar e informar á poboación sobre a artrite reumatoide, artrite psoriásica, artrite idiopática xuvenil, espondilite anquilosante e espondiloartrite. A iluminación de cor verde é, pois, unha homenaxe para as persoas que padecen estas enfermidades, e ten como finalidade darlles máis visibilidade xa que seguen sendo patoloxías descoñecidas pola maior parte da cidadanía.