Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Cabo Udra pertence ao espazo Rede Natura 2000, e nela combínanse unha gran cantidade de especies arbóreas e animais que o converten nun lugar único. Así mesmo, dende aquí pódense observar as aves mariñas que residen no litoral ou que están de paso e Cabo Udra é un gran observatorio.

No aspecto etnográfico destacan os chouzos de Chan de Esqueiros que eran refuxios de pastores do século pasado construídos nos ocos das rochas. Tamén existen os restos de dúas fábricas de salgadura, unha na praia de Ancoradouro e outra en Mourisca.

En Cabo Udra aínda se conservan en ruínas os restos dun antigo cuartel militar do século pasado coñecido como Batería J-2, que formaba parte dun sistema defensivo da costa ante eventuais ataques de países inimigos.

Acceder á : Guías e folletos

Folleto Udra