Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Bueu dispón dun Servizo de Atención Temperá (SAT), co que se promove a igualdade, a saúde e a inclusión social da poboación infantil, de entre 0 e 6 anos, que presente algún trastorno de desenvolvemento ou que estea en risco de padecelo.

Este servizo conta cun protocolo específico no proceso de detección e derivación de situacións susceptibles de necesitar atención temperá. Nese proceso é vital a figura das e dos profesionais da pediatría de atención primaria de saúde, de xeito que son estes ou estas profesionais os que farán a valoración inicial do desenvolvemento do neno ou nena e, a partir do seu diagnóstico, determinan a idoneidade da unidade de atención temperá para facer a atención especializada, segundo as necesidades observadas. Este tipo de servizo demanda a colaboración de profesionais especializados en diferentes campos para detectar as causas que interfiren no desenvolvemento do neno ou nena e actuar para o seu progreso. Para iso cóntase con persoal variado, como un logopeda, unha fisioterapeuta e unha psicóloga con formación e experiencia no desenvolvemento infantil.

As dependencias están situadas na rúa Montero Ríos 99, concretamente no local 11-12, e as persoas que necesiten informarse sobre o servizo poderán contactar no teléfono 628867812 ou no enderezo electrónico sat.bueu@coescoformacion.com.

Horario de Atención o público:

LUNS a XOVES: 8:00 a 18:30

VERNES: 8:00 a 14:30

Folleto Atención Temperá