Ciclo de cinema galego do Cineclub Bueu
Evento xa rematado
-
Inicio
2 mayo, 2025
9:00 pm -
Fin
30 mayo, 2025
11:00 pm -
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Cineclub Bueu organiza durante o mes de maio un ciclo de cinema galego, no que se proxectarán filmes galegos ou relacionados coa nosa cultura.
O programa arrancará o 2 de maio con «Somos gente honrada» de Alejandro Marzoa, e continuará o 16 con «As neves» de Sonia Méndez, o 23 con «La Marsellesa de los borrachos» de Pablo Gil, e o 30 con «Justicia artificial» de Simón Casal. Todos os filmes se poderán ver ás 21.00 horas no Centro Social do Mar e o custe de entrada será de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.