Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Rutas guiadas «Bueu e o Polbo»

O Concello de Bueu, a través da concellaría de turismo, organiza as rutas guiadas ‘Bueu e o polbo‘ que se insiren no marco das ‘II Xornadas de Exaltación do Polbo‘. As rutas celebraranse nos seguintes días e horarios:

Sábado, 10 de maio, 10.00 horas
Sábado, 24 de maio, 10.00 horas

As persoas interesadas deberán apuntarse de balde través deste formulario web, chamando ao teléfono 986390029 (Ext.2) ou de forma presencial no 2º andar da Casa do Concello. Haberá un total de doce prazas para cada ruta.