Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu pavimentou un camiño en Chan de Piñeiro

O Concello de Bueu acometeu as obras de pavimentación dun camiño en Chan de Piñeiro, na parroquia de Beluso. A actuación enmarcouse no Plan de Mellora de Camiños Municipais 2024-2025 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

As obras foron adxudicadas a Construcciones Caldevergazo SL, cun orzamento de 22.748 € e incluiron o adecentamento da zona e a pavimentación.

O goberno local continúa co plan de mantemento dos espazos e viais municipais, nos que se mellora o acceso aos núcleos de poboación e parcelas agrícolas, ademais de incrementar a seguridade en todo o municipio, cun especial fincapé nas áreas rurais.