Obradoiros didácticos Museo Massó
Evento xa rematado
-
Data
10 mayo, 2025
-
Hora
5:00 pm - 7:00 pm
O Museo Massó organiza o sábado 10 de maio dous obradoiros didácticos no marco da programación do IV Festival Art For Change. O primeiro deles será ás 17.00 horas e titúlase «Cousas da praia», e nel poderán participar nenos e nenas de 4 a 6 anos. A continuación, ás 18.00 horas terá lugar «Esta ría é un choio» para nenos e nenas de 6 a 10 anos.
As inscricións son gratuítas e deberán facerse a través do enderezo electrónico museo.masso@xunta.gal ou no teléfono 886151101.