Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Formulario de Inscrición

O Concello de Bueu, a través da concellaría de turismo, organiza as rutas guiadas ‘Bueu e o polbo‘ que se insiren no marco das ‘Xornadas de Exaltación do Polbo‘ e nas que se coñecerán os espazos vinculados á captura deste cefalópodo e á súa vinculación coa vila bueuesa.
As rutas celebraranse nos seguintes días e horarios:

Sábado, 10 de maio, 10.00 horas
Sábado, 24 de maio, 10.00 horas

As persoas interesadas poderán apuntarse de balde a través deste formulario web, chamando ao teléfono 986390029 (Ext.2) ou de forma presencial no 2º andar da Casa do Concello.

Nota: esta ruta deberá ser confirmada polo Concello de Bueu