Agora en Bueu
Imáxes de actualidade
♀️ No 2014 homenaxeamos ás mulleres regateiras de Bueu.
Con motivo do Día Internacional das Mulleres, recordamos algúns vídeos das homenaxes que organizamos ao longo de varios anos aos colectivos de mulleres da vila. Porque aIgualdade#moveBueu
Tédelos todos dispoñibles na nosa canle de YouTube 📽️
Mar 11

♀️ No 2010 homenaxeamos ás mulleres da industria da conserva en Bueu.
Elas sosteron o mundo do mar coas mans.
Con motivo do Día Internacional das Mulleres, recordamos algúns vídeos das homenaxes que organizamos ao longo de varios anos aos colectivos de mulleres da vila. Porque aIgualdade#moveBueu
Tédelos todos dispoñibles na nosa canle de YouTube 📽️
Mar 10

🎭🔥 Hoxe organizamos o Desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro cun gran sol e con moitos participantes que se animaron a gozar do noso Entroido.
Deixámosvos un resumo de como foi o día en 📸📸 (tedes moitas máis no noso Facebook)
GRAZAS GRAZAS POR PARTICIPAR!
E se queredes saber quen gañou, na nosa web tedes a info completa (ligazón na BIO)
Mar 9

♀️ Este mediodía tivemos a concentración polo Día Internacional das Mulleres, na que o alumnado de 3º de primaria do CPR Virxe Milagrosa preparou a declaración conmemorativa desta data.
▶️ Laura Ogando, concelleira de igualdade, abriu o acto cunha intervención na que insistiu en que “dende o Concello de Bueu ofrecemos os centros para que os mozos e as mozos, os nenos e as nenas vivan nunha sociedade máis xusta e a igualdade movan Bueu”.
▶️ A edil destacou que “as estatísticas reflicten unha realidade na que, a pesar dos avances na concienciación sobre a igualdade de xénero, seguen persistindo actitudes e percepcións que perpetúan desigualdade e violencia” e “para construír unha sociedade máis xusta e equitativa, é fundamental continuar promovendo a educación e a sensibilización entre a mocidade”.
▶️ A continuación, os nenos e nenas do Virxe Milagrosa reivindicaron os coidados e a continuación interpretaron a canción “Matriarcas” de Guadi Galego.
Mar 7

🎭 Tras analizar a situación metereolóxica, decidimos continuar coa celebración do Desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, que será o domingo a partir das 17 horas polas rúas da vila.
▶️ Deixamos por aquí información de interese sobre o percorrido, e seguimos vendo a previsión do tempo e no caso de que haxa cambios avisaremos a través das nosas redes sociais.
Mar 7

🎭🥳 A veciñanza de Sar, na parroquia de Beluso, vestiu a aldea de Entroido e dunha forma moi orixinal, a través de figuras elaboradas por eles e elas mesmas.
O alcalde e a concelleira de cultura tiveron a ocasión de realizar unha visitiña esta semana e de pasar un anaco moi divertido.
Dende o Concello de Bueu aproveitamos a ocasión para compartir con vós algunhas 📸📸 e para agradecer a estas persoas o espírito de colaboración para dinamizar este lugar, que xa fixeran en Nadal e que volven repetir agora co Entroido.
Que vos parecen? A que son xeniais?
Mar 7

🥳🎭 Hoxe desafiamos a chuvia co Desfile do Enterriño da Sardiña que encheu as rúas da vila de ledicia entroideira.
Grazas a todas as persoas que participastes, en especial a Anpa A Pedra, Anpa Alborada do Virxe Milagrosa, Anpa Torre Cela, Anpa Cabo Udra de Beluso, Anpa Pichirilo da Galiña Azul, Escola Infantil Tranvía, e os grupos Pandy Panda e Los ochenteros.
oEntroido#moveBueu
Aquí un resumiño en 📸📸
Mar 5

🥳 Este luns arrancaron os obradoiros de Entroido que organizamos dende o Concello de Bueu co artista local Tino Resille e nos que os nenos e nenas aprenden sobre a figura do Paxaro de Mal Agoiro.
Lembrade que continúan mañá e pasado na carpa das Lagoas entre as 11 e as 13 horas. Animádevos!
Aquí algunhas 📸📸
Mar 3

🥳🎭 Esta fin de semana comezamos o Entroido en Bueu!
O venres arrancamos co pregón a cargo das comparsas da vila e nos días seguintes estivemos co V Festival de Comparsas de Cela, na festa dos anos 80 con XabyDJ e no Entroido de Ons que recuperamos despois de 50 anos.
Aquí un resumo en 📸
oEntroido#moveBueu
Mar 3
