Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Curso de hixiene, atención sociosanitaria e nutrición en persoas dependentes

O Concello de Bueu e a Cruz Vermella organizan o curso de hixiene, atención sociosanitaria e nutrición en persoas dependentes, que comezará o 24 de febreiro nas dependencias da Biblioteca Municipal Torrente Ballester de 9.00 a 14.00 horas e cunha duración de catro semanas.

As inscricións poderán facerse no enderezo electrónico pontevedra@cruzroja.es ou no teléfono 986852115.