Ruta «As mulleres da historia de Bueu»
Evento xa rematado
-
Data
15 marzo, 2025
-
Hora
10:30 am - 12:00 pm
-
Concello de Bueu
Rua de Eduardo Vicenti, 8, 36930 Bueu, Pontevedra
O 10 de marzo desenvolverase a partir das 10.30 horas a ruta guiada “Mulleres da historia de Bueu” coa colaboración da Asociación A Illa dos Ratos. Nela poñerase en valor o importante papel das mulleres ao longo da historia da vila de Bueu en diferentes ámbitos como a pesca, a educación, a cultura, o deporte ou a política. Ademais coñeceranse algúns detalles da traxectoria de figuras importantes de diferentes épocas con nome propio como a mestra Matilde Bares, a filántropa Amalia Domínguez Búa, a recadeira «A Mundina», ou as poetas contemporáneas Lucía Novas e Miriam Ferradáns. As súas achegas á sociedade mesturaranse con alusións a colectivos máis anónimos como as peixeiras, as mariscadoras ou as redeiras, protagonistas do matriarcado do mar. As persoas que desexen participar poderán inscribirse previamente de balde no whatsapp 611080853.