Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Ata que a morte nos separe» de Elena Gallego Abad

Evento xa rematado

O Centro Social do Mar acollerá o 12 de marzo a presentación do libro Ata que a morte nos separe, de Elena Gallego Abad. O acto, organizado pola Libraría Miranda, terá lugar ás 19.00 horas e nel participarán Miguel Ángel Rodríguez, director do Diario de Pontevedra, e Fran Alonso, director de Xerais.

SINOPSE: Marta Vilas, redactora xefa do «Xornal Galaico», recibe unha invitación para participar na viaxe inaugural do «Xacobus», un cruceiro deseñado para proporcionar unha experiencia única aos pasaxeiros de alto nivel económico que buscan facer a ruta marítima do Camiño de Santiago sen renunciar a todo luxo de comodidades. Entre a selecta pasaxe, parten de Vigo unha parella multimillonaria en viaxe de noivos, unha youtubeira, un policía de incógnito e tamén Sombra Dixital, un pirata informático que pretende secuestrar o barco. Durante a axitada travesía desencadearanse intensos e misteriosos acontecementos que a xornalista e o policía intentarán esclarecer. Nun momento en que os grandes clásicos da literatura universal son obxecto de reescritura, Elena Gallego Abad atrévese a parodiar un título indispensable da literatura policial, «Death on the Nile», de Agatha Christie, trasladando a trama á Galicia do século XXI e recuperando nesta novela a parella de investigadores Marta Vilas e Fernando Prieto para embarcalos nunha apaixonante aventura.