Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obradoiro de autocoidado con Adicam

A Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama (ADICAM) organiza un obradoiro de autocoidado no que ensinarán algunhas ferramentas para que aprendamos a coidarnos, priorizarnos e tratarnos dunha forma amable.

O taller desenvolverase os martes 11, 18 e 25 de marzo a partir das 17 horas na Biblioteca Municipal Torrente Ballester, e precísase inscrición previa no teléfono 629945925.