Agora en Bueu
Imáxes de actualidade
🗣️ Un grupo de trinta e dous alumnos e alumnas de 4º de primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra visitou este venres as dependencias do Concello de Bueu para coñecer o seu funcionamento administrativo, así como os labores do alcalde e dos concelleiros e concelleiras e os servizos municipais.
No acto participaron Félix Juncal, alcalde da vila, Isabel Quintás, tenente de alcalde e concelleiro de residuos, Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, e Laura Ogando, edil de benestar social e igualdade.
Toda a info na nosa web (ligazón na BIO)
May 30

O Concello de Bueu recibiu este xoves a visita de Francisco José Nogueira Balbi, que é bisneto de Miguel Nogueira Fraguas, quen fora alcalde de Bueu ao longo de varios períodos dos séculos XIX e XX.
Nogueira Balbi reuniuse con Félix Juncal, alcalde da vila, e con outros concelleiros e concelleiras do grupo do goberno, cos que compartiu as súas lembranzas de Bueu, vila que está visitando estes días despois de trinta anos e á que intentará volver no futuro. Natural de La Paz- Entre Ríos, no país arxentino, Nogueira Balbi exerce como médico especializado en psiquiatría infanto xuvenil e estivo na localidade bueuesa para coñecer as raíces do seu bisavó porque “un constrúe o futuro afianzando o pasado e a súa historia”.
Tedes a info completa na nosa web (ligazón na BIO)
May 29

🗣️ ABRIMOS AS INSCRICIÓNS PARA O CONCILIA BUEU
☑️ O Concello de Bueu prepárase para a realización da nova edición do programa ‘Concilia Bueu’.
☑️ O prazo de inscrición estará aberto do 2 ao 9 de xuño e poderán participar nenos e nenas de 3 a 12 anos.
☑️ Dende a concellaría de benestar social informan que o programa terá un custe económico para as familias, despois de que se aprobe o prezo público previsto. Será de 50 € cada mes de xullo e agosto, e 12,5 € nas semanas de xuño, e setembro.
☑️ O programa desenvolvérase entre o 23 de xuño ao 5 de setembro deste ano, en diversas quendas: a 1ª quenda será do 23 ao 30 de xuño; a 2ª quenda, do 1 ao 31 de xullo, a 3ª quenda, do 1 ao 29 de agosto; e a 4º quenda, do 1 ao 5 de setembro. Para cada quenda ofertaranse 120 prazas, e delas 10 serán para nenos e nenas en risco de exclusión social.
Tedes toda a info na nosa web (ligazón na nosa BIO)
May 29

🎶 🤩 Este mércores puidemos gozar no exterior da Biblioteca Municipal Torrente Ballester con Polo Correo do Vento dun contacontos sobre as cantareiras.
Houbo música, contos e ata un obradoiro de debuxo.
A actividade organizámola dende o Concello de Bueu coa colaboración da Deputación de Pontevedra e insírese no marco da programación das Letras Galegas dedicada este ano ás cantareiras e pandeireteiras.
May 29

🤾🏆 O Pavillón Municipal Pablo Herbello de Bueu será o escenario dende hoxe e ata o venres da fase final do Campionato de España Infantil Feminina de balonmán, na que estará o Lapamán Área de Servizo Bueu Atlético Balonmán.
Onte tivo lugar na Casa do Deporte de Vigo a presentación deste evento, na que participaron Ricardo Verde, concelleiro de deportes, e Manuel Castro, presidente do Bueu Atlético Balonmán.
Dende o Concello de Bueu sentimos moito orgullo porque un equipo de rapazas estea entre os oito mellores de España e dámoslles todos os azos para estes días.
Bueu con forza!!!
May 28

🦈🐟 O Concello de Bueu organiza esta semana unha serie de visitas con escolares dos centros educativos da vila á Praza de Abastos.
Este martes foi a quenda dun grupo de nenos e nenas do CEIP A Pedra infantil, que se achegaron a coñecer as instalacións e a pasar un anaco agradable con Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo.
May 27

🌸🌺🌼 O Colectivo Independente de Alfombristas de Bueu e a Asociación El Pampillo de Castropol participaron a pasada fin de semana na Infiorata da localidade italiana de Pietra Ligure.
Xuntos elaboraron unha alfombra cunhas dimensións de 5 por 5 metros que representaba unha xoia nunha clara alusión a que Pietra é coma unha antiga xoia ao lado do mar e rodeada de verdes montes, como é o caso de Bueu.
A realización foi levada a cabo por cinco persoas durante nove horas, e o resultado foi un tapiz con moita flor fresca chea de cor e un fondo branco de arroz.
Que fermoso traballo e que ben que Bueu siga estando á vangarda no alfombrismo!
May 27

📚 Na Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu recibimos a pasada semana unha visita moi especial: un grupo de persoas da Asociación Juan XXIII de Cangas.
O noso bibliotecario ensinoulles os espazos da biblioteca e o traballo diario.
Foi unha visita moi amena e divertida e seguro que voltarán para facer uso das nosas instalacións.
May 26

🎥 O Centro de Información ás Mulleres de Bueu (CIM) organiza un ciclo de cine social con perspectiva de xénero nos centros educativos da vila.
Este ciclo busca dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para analizar criticamente as representacións audiovisuais, identificar os estereotipos e entender o impacto da cultura visual na construción da identidade e das relacións interpersoais.
A través do visionado de curtametraxes, foméntase o debate e a reflexión sobre como se representan os xéneros e como avanzar cara a unha sociedade máis xusta en igualdade.
May 26

Esta fin de semana o Pavillón Municipal de Beluso acolle a II Fight Night Rías Baixas, unha velada destinada á loita e MMA, que organiza o @clubedeloitadomorrazo 💪
Onte recibimos no salón de plenos do Concello de Bueu a algúns participantes nun acto no que estiveron o alcalde e algúns concelleiros e concelleiras.
O venres haberá un seminario con Joel Álvarez e xa o sábado a partir das 19 horas, velada com dezasete combates ata a medianoite.
Animádesvos?
May 23

⚽️ Esta semana recibimos do Rc Celta unha bandeira para pendurar do noso Concello para dar sorte na última xornada da Liga de cara ao seu asalto a postos europeos.
Nesta fin de semana tamén o CD Bueu xoga o partido de volta da primeira eliminatoria para o ascenso a Primeira Futgal e a Cultural Deportiva Beluso o partido de ida da súa semifinal polo ascenso a Terceira RFEF.
Por iso solicitámoslle tamén aos clubs de fútbol da nosa vila sendas bandeiras para que reciban o apoio do pobo de Bueu nos seus respectivos partidos en Getafe, na Graña e en Sofán (Carballo).
🍀 Sorte @RcCelta @cd1927bueu @cdbeluso1975 e ánimo ás súas afeccións.
Orgullosos do noso pobo!
May 23

🗣️ Bueu é unha vila de cultura, de letras, de arte...
E de PREMIOS 🎨✍️
☑️ Premio Johan Carballeira de Poesía e Xornalismo: poderedes presentar textos en galego encadrados nestas dúas categorías e facervos cun premio de 1500 € en cada unha delas, ademais da publicación do poemario gañador.
O prazo de entrega é ata o 31 de maio.
☑️ II Certame de Pintura Otero Baena para Artistas Noveis: vai dedicado a artistas noveis e o premio tamén está dotado con 1.500 €, ademais da organización dunha exposición na Sala Amalia Domínguez Búa para as obras finalistas.
O prazo remata o 30 de maio.
Animádevos ou compartídeo con amizades ás que lles poida interesar!
Bases completas na web (ligazón na BIO)
May 21

🏆 Dende o Concello de Bueu queremos darlle os parabéns ao equipo Área Servicio Lapamán Bueu Atlético Balonmán pola clasificación no Sector de Clubs Infantil Feminino.
🤾♀️ A fin de semana disputáronse os campionatos e o equipo do Bueu Atlético Balonmán está entre os oito mellores de España.
Para Bueu supón un enorme orgullo contar con clubs que levan o deporte de base como bandeira e que conseguen tantos éxitos para vila.
Forza Bueu!
May 20

🤩👌 Este sábado organizamos a XXIV Romaría das Letras de Sanamedio, na que festexamos a nosa lingua, cultura, música e historia.
Comezamos a mañá co I Festival dos grupos tradicionais da vila e tivemos xogos tradicionais, presentación do libro "A historia de Galicia en 30 obxectos", a ciclobiblioteca de Anxo Moure e actuación de Sheila Patricia, entre outras actividades.
Foi unha xornada de compartir coa familia e amizades, e tamén houbo un posto de comida e bebida a favor da Asociación Cultural Novos Ventos, de libros coa libraría Boulevar e presentación do xogo "Tes terras?"
Agardamos que gozarades moito e para o ano máis!
May 19
