Convocatoria pleno xuño 2025
A corporación municipal celebra este luns, 2 de xuño, unha sesión plenaria ordinaria que terá lugar ás 21.00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial.
Os asuntos da orde do día son os seguintes:
A) PARTE RESOLUTIVA
1.Aprobación, se procede, da acta núm. 2025-0006 correspondente á sesión ordinaria do 05.05.2025.
2.Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da declaración de caducidade do procedemento de resolución contractual e prescrición da acción con arquivo de actuacións fronte a Estrumaher S.A. e modificación de finalidade do PPS. Expediente 1425/2023.
3.Aprobación, se procede, da concertación de operación de préstamo a longo prazo para o financiamento da achega municipal para a obra “Reforma enerxética e rehabilitación integral do pavillón de Beluso”. Expediente 1369/2025.
4.Aprobación inicial, se procede, do expediente de modificación de créditos núm. 3/2025, na modalidade de suplemento de crédito 1/2025. Expediente 1532/2025.
5.Aprobación, se procede, da moción do concelleiro non adscrito Daniel Chapela Durán para o fomento da lingua galega.
6.Aprobación, se procede, da moción do GPM do PP para promover a construción dun pavillón de deportes na parroquia de Cela.
7.Aprobación, se procede, da moción do concelleiro non adscrito Daniel Chapela Durán sobre o servizo do taxi.
8.Aprobación, se procede, da moción do concelleiro non adscrito Daniel Chapela Durán para a reprobación de Dona María Ángeles Vázquez Mejuto.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
- Actividade de control: Mocións urxentes.
C) ROGOS E PREGUNTAS