Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu recibe a visita do alumnado de 4º de primaria do CEIP A Pedra

  • Os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer a Casa do Concello e facerlle preguntas e propostas ao goberno local

Un grupo de trinta e dous alumnos e alumnas de 4º de primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra visitou este venres as dependencias do Concello de Bueu para coñecer o seu funcionamento administrativo, así como os labores do alcalde e dos concelleiros e concelleiras e os servizos municipais. No acto participaron Félix Juncal, alcalde da vila, Isabel Quintás, tenente de alcalde e concelleiro de residuos, Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, e Laura Ogando, edil de benestar social e igualdade.

Os nenos e nenas fixeron tiveron a oportunidade de facer preguntas e propostas ao goberno. Algunhas das demandas foron que se arranxen as beirarrúas, a instalación de máis xogos nos parques, a creación de máis aparcadoiros, máis fontes, máis zonas verdes, limpeza da zona das praias, reforma do skate park … e tamén outras para o colexio, como habilitar máis zonas verdes ou cambiar a canastra que se atopa en mal estado.

Os nenos e nenas levaron de agasallo o libro O abecedario na maleta. Pequena biografía de Matilde Bares, de Polo Correo do vento, e no que se conta a historia da mestra local Matilde Bares.