Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Contos na biblioteca: «Como montar a túa banda de verán» de Xoán Curiel

Evento xa rematado

O Concello de Bueu segue a promover o uso das bibliotecas municipais como espazos de encontro e lecer con propostas para o público miúdo. Para iso organiza unha nova xeira de “Contos na biblioteca”, que terá tres sesións de contacontos en xuño nas  bibliotecas municipais.

A primeira das actividades será “Como montar a túa banda de verán” de Xoán Curiel, da que se poderá gozar o 5 de xuño ás 18.30 horas na Biblioteca Municipal de Beluso. É un espectáculo que conta a historia duns amigos que no verán queren formar un grupo de música. Nel mestúrase narración oral e música, cunha gran variedade de estilos como o funk, o rock, o pop, o reggae ou a bossa nova, e elementos teatrais e de clown.