Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Formación en competencias dixitais

O 19 de maio arrancará en Bueu un curso de formación en competencias dixitais de nivel básico, no que se agasallará un equipo informático a todo o alumnado que supere o itinerario. A actividade, que ten unha duración de dous meses, está organizada por Dixigal e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Bueu.

A formación desenvolverase de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00 horas na Biblioteca Torrente Ballester. O 15 de maio haberá unha reunión ás 12:00 horas na Biblioteca para explicar o desenvolvemento.

As persoas que desexen participar terán que estar inscritas como demandantes de emprego no SEPE.

Máis información no teléfono 654825395 ou no enderezo electrónico dixigal@bigformacion.com

FORMULARIO INSCRICIÓN