Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

APARCADOIROS PÚBLICOS

Acceder ao plano esquemático en PDF de aparcadoiros públicos.

Pode acceder á localización en Google Maps, de cada aparcadoiro, pulsando no número do aparcadoiro no plano en PDF.

Agora en Bueu

Imáxes de actualidade

📣👏 O proxecto “Bandas da Ribeira”, presentado polo estudo Landlab, laboratorio de paisajes SLP e a arquitecta do Porriño María Fandiño Iglesias, resultou gañador do concurso de ideas da Banda do Río, e farase con 20.000 € para a redacción do proxecto que vai definir o futuro deste barrio a nivel arquitectónico e de servizos. 

Este martes, 5 de novembro, tivo lugar no salón de plenos da Casa Consistorial un acto público no que se abriron os sobres coa documentación administrativa logo de que o xurado se reunise ao longo das semanas previas para valorar as propostas presentadas e escoller as gañadoras.

Toda a info na web (ligazón na BIO 👆)
📚📚 No Día das Bibliotecas, compartimos un pequeno vídeo de liɓros que falan de libros e de bibliotecas.

Tédelos todiños e moitos máis na Biblioteca Municipal Torrente Ballester!

Pasádevos a botar unha ollada e, de paso, a coñecer a nova biblio.
📣🌿 ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DO MERCADO ECOLÓXICO E ARTESANAL DE BUEU 

☑️ O Concello de Bueu celebra o próximo 17 de novembro unha nova edición do Mercado Ecolóxico e Artesanal, que terá lugar na carpa dos Xardíns de Urbano Lugrís – As Lagoas e no que se poderán mercar durante toda a xornada produtos ecolóxicos, gastronómicos e artesanais, ademais de gozar de actividades diversas. 

☑️ Dende a concellaría de promoción económica vénse de abrir o prazo para que as persoas e entidades poidan solicitar un posto de venda, procedemento que se estenderá ata o 25 de outubro, e cuxas bases se poden consultar na web municipal.

Tedes a info completa aquí 👇👇

https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-celebra-o-17-de-novembro-un-novo-mercado-ecoloxico-e-artesanal-e-abre-o-prazo-de-presentacion-de-solicitudes/
🎃👻 SAMAÍN 2024 🎃👻

▶️ O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura e infancia e mocidade, organizará o próximo 31 de outubro unha xornada dedicada á celebración do Samaín, que terá lugar no Parque Ramal dos Galos con xogos e actividades diversas para a cativada e as persoas adultas.

▶️ Precisamente neste espazo presentouse hoxe o evento en rolda de prensa nun acto no que estiveron presentes Carmen García, concelleira de cultura e mocidade e infancia, e algunhas persoas integrantes de colectivos colaboradores, como @asociacionamodino, @libreriaabrente e @costumes_de_cela.

🗒️ Na nosa web tedes toda a info (LIGAZÓN NA BIO)
🎗️ 19 de outubro, Día Internacional de Loita Contra o Cancro de Mama

Hoxe queremos lembrar unha cita de Thomas Edison que di que "cando teñas esgotado todas as posibilidades, lembra isto: non o fixeches".
📚♀️ RECOMENDACIÓNS DA REDE DE BIBLIOTECAS DE BUEU POLO DÍA DAS ESCRITORAS

Este ano o día das escritoras celébrase o este luns, 14 de outubro. Desta iniciativa promovida dende o ano 2016 pola Biblioteca Nacional en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas; facémonos eco na Rede de Bibliotecas de Bueu. 

Enorgullécenos contar que na comparativa de adquisicións de libros asinados por autoras entre o ano 2023/2024 en dúas das bibliotecas, Cela e Bueu, subimos dun 35% a un 44% e dun 36% a un 43% respectivamente. Na biblioteca de Beluso os datos son estables nun 43% nos dous anos pero mostrando que xa leva máis tempo facendo os deberes.

Son datos que poden ter moitas interpretacións, pero nós queremos darlle un enfoque de evolución e aumento da presenza de autoras no noso fondo. 

🎬 Por iso acompañamos os datos cun vídeo no que mostramos varias obras punteiras escritas por autoras moi destacables e que, por suposto, vos recomendamos.

Dádelle ao vídeo!