I Xornadas pola igualdade Anpa Alborada: «Igualdade: da utopía ó feito»
-
Inicio
27 septiembre, 2024
6:00 pm -
Fin
22 noviembre, 2024
8:00 pm
A Anpa Alborada do CPR Virxe Milagrosa organiza as I Xornadas pola Igualdade que se celebrarán do 27 de setembro ao 22 de novembro, e coas que buscan ofrecer formación, información, aprendizaxe, pero sobre todo para revindicar que aínda queda moito camiño por andar no eido da igualdade. Haberá diversas charlas sobre ciberacoso, maternidade, conciliación e corresponsabilidade, un concurso de cociña e outro de tiktok con temática de igualdade.
Nos carteis podedes consultar toda a información.