Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Cinema na rúa: Matilda

Evento xa rematado

No marco do programa municipal de “Cinema na rúa”, o mércores 1 de agosto, a Praza Massó acolle ás 22.00 horas a proxección de “Matilda”.

SINOPSE: Matilda Wormwood é unha nena moi curiosa e intelixente, todo o contrario que os seus pais, que adoitan ignorala e desprezala. Tras descubrir que posúe poderes telequinésicos, chega á conclusión de que podería usalos para facer o ben, axudando aos que están en dificultades, pero tamén para castigar ás persoas crueis e perversas.