Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Actividades medioambientais Cabo Udra: roteiro «Flora invasora» e xornada de voluntariado «Eliminación de Invasoras»

O Concello de Bueu continúa este mes de outubro con novas propostas de actividades medioambientais para todas as idades e que se organizarán na Aula da Natureza de Cabo Udra e na súa contorna. O programa conta co financiamento do GALP Ría de Pontevedra e lévase a cabo, ao igual ca en todo o verán, pola Asociación Alados, especializada no coidado da natureza, con obradoiros, rutas, charlas e xornadas didácticas.

O 27 de outubro terá lugar o roteiro “Flora invasora” e a xornada de voluntariado para eliminación de invasoras. A actividade terá lugar a partir das 10.30 horas e nela realizarase un roteiro ambiental de aprendizaxe sobre a flora invasora presente en Cabo Udra e da súa problemática. Despois farase un voluntariado ambiental na contorna para eliminar as especies de flora invasora presentes.

Os datos da actividade son os seguintes:

  • Data: Sábado 27 Outubro
  • Hora comezo Roteiro: 10,30
  • Hora Comezo Xornada Voluntariado: 12 h
  • Hora finalización Actividades: 14 h
  • Destinatarios: Tódolos Públicos. Menores a partir de 8 anos.
  • Lugar quedada: Aula da Natureza de Udra
  • INSCRICIÓNS