Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

As clases de ximnasia e Pilates comezarán o próximo luns

Foto de arquivo de clausura das ximnasias 2016-2017

A concellaría de deportes de Bueu porá en marcha o próximo luns, 22 de outubro, as clases das ximnasias municipais e de Pilates, nas que están inscritas máis de cincocentas persoas. Estas actividades insírense no programa “Bueu Concello Saudable”, que foi posto en marcha no ano 2008 coa finalidade de garantir a adquisición e a mellora de hábitos de vida saudables, entre toda a poboación, cunha especial atención ás persoas maiores e embarazadas.

Así, as actividades de ximnasia para maiores terán lugar no Centro Social do Mar e haberá un total de seis grupos, ademais de impartirse tamén no Pavillón Municipal Pablo Herbello, no Pavillón de Beluso e no CEIP A Torre de Cela. A ximnasia de adultos terá grupos no Pavillón Pablo Herbello, no de Beluso e nos colexios de A Pedra e A Torre de Cela. As de prenatal, matroximnasia e psicomotricidade serán no Pavillón Pablo Herbello, as de discapacidade intelectual e mobilidade reducida no Centro Social, e a Casa da Aldea de Meiro tamén acollerá clases de ximnasia.

Pola súa banda, a actividade de Pilates alternarase entre o Pavillón de A Pedra e o Pablo Herbello.

HORARIOS ACTIVIDADES DEPORTIVAS CONCELLO DE BUEU 2018-2019

2 Comments

Deixar un comentario