Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Outubro de contos: «Animaladas» de Teatro Calavera

Outubro é o mes das bibliotecas, e o Concello de Bueu celébrao cunha nova rolda de contos, no marco do programa “Outubro de contos” e do “Ler conta moito”, que xa tivo sesións en abril e en xuño deste ano cun gran éxito de público.

Dende a concellaría de cultura e bibliotecas, dirixida por Carmen García, preséntanse agora tres novas obras que encherán as bibliotecas de amor polas palabras co fin de achegar a lectura á cativada.

Así, a primeira das actividades será “Animaladas” de Teatro Calavera, da que se poderá gozar o mércores 9 de outubro, ás 17.30 horas, na Biblioteca Municipal de Cela. Nela atopamos á exploradora Jeanne Baret, quen convida ao público a unha misión na selva de Pitiminí, que aínda que non é moi grande está chea de misterios e especies por descubrir. Para iso terán que achegarse moi de preto e ir somerxéndose na natureza salvaxe onde coñecerán diferentes historias a través da narración de contos.