Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Talleres de alfombras para aprender sobre a arte floral

A actividade comezará o 7 de marzo e desenvolverase no Centro Social do Mar.

A Asociación Cultural das Alfombras de Bueu organiza un obradoiro de alfombristas, destinado a aprender a todas as persoas interesadas a confeccionar tapices florais. Segundo avanzan dende a Asociación, os talleres terán lugar no Centro Social do Mar os martes e xoves de 17.00 a 19.00 horas no Centro Social do Mar entre o 7 e o 23 de marzo.
A actividade, totalmente gratuíta, precisa de inscrición previa ou ben no Centro de Asociacionismo (CDA) ou na tenda Regalía, e poderán participar ata unha vintena de persoas.
Esta iniciativa forma parte da programación anual da Asociación, que xa está preparando a axenda de eventos para a Festa do Corpus e outras efemérides nas que as alfombras serán protagonistas.