Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello recibe aos integrantes do Club de Loita que participan no campionato de España

No acto de recepción estiveron presentes o alcalde, Félix Juncal, e o concelleiro de deportes, Manuel Otero.

O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu na tarde deste xoves unha recepción con algúns dos rapaces e rapazas do Club de Loita do Morrazo que asistirán esta fin de semana ao Campionato de España de Grappling, que se celebra en Valencia, e que será clasificatorio para o europeo. Así o salientou Fabián Thiebaut, presidente do Club, quen estivo acompañado polo alcalde de Bueu, Félix Juncal, e polo concelleiro de deportes, Manuel Otero.
En concreto, participarán José Manuel Martínez, Fabián Thiebaut, Juan Urbano (cadete), Ángela Villanueva (escolar), Antía Álvarez, Naia Nicole Thiebaut, Marcos Martínez e Miguel González. Estes últimos realizarán unha exhibición de catro combates, co obxectivo de incentivar o deporte entre a rapazada.
O Grappling é un modo de loita usado en diferentes artes – marciais, e defínese como unha compilación lóxica e efectiva de técnicas dirixidas a derrotar a un adversario mediante proxeccións, varridos, luxacións, inmobilizacións, escapes, contrachaves… Actualmente, o grappling está considerado un deporte híbrido que combina moitos estilos, tanto modernos como históricos de loita e artes – marciais.