Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Aberto o prazo para participar no proceso selectivo dun oficial electricista do Concello de Bueu

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 8 de marzo

O Concello de Bueu vén de abrir o prazo prazo de selección dunha persoa para ocupar unha praza interina de oficial electricista, despois de que se publicase o pertinente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOGA) este xoves. Esta convocatoria é de carácter urxente, necesaria e inaprazable, toda vez que neste momento non hai ningún funcionario nese posto.

O prazo para presentación de solicitudes é de dez días hábiles, é dicir que remata o 8 de marzo. As persoas que queiran participar deben entregar unha solicitude e unha declaración responsable (cuxos modelos se atopan nos anexos das bases). En canto aos requisitos, as persoas que se presenten deberán ter a titulación de técnico/a en instalacións eléctricas e automáticas, ou título superior ou equivalente na mesma especialidade. A selección será por oposición libre mediante a realización de tres probas selectivas. A primeira será teórica e consistirá en responder por escrito un cuestionario de vinte preguntas tipo test sobre o temario incluído nas bases, e terá carácter obrigatorio e eliminatorio. A continuación, noutro día, desenvolverase a proba práctica, e a última terá que ver co coñecemento da lingua galega, do que quedarán exentas as persoas que presenten o certificado CELGA 3.
Aínda que se contratará un oficial electricista, co resultado desta selección configurarase unha bolsa de traballo que se utilizará para o suposto de baixa laboral do candidato que supere o proceso selectivo e tome posesión, interinamente, no posto de traballo, e tamén no caso de que se dese algún outro suposto legal para a cobertura do posto con carácter interino.

PDF Bases reguladoras praza electricista
PDF Anuncio modificación de bases no BOPPO
PDF Apertura de prazo e anuncio no DOG