O Concello de Bueu pavimenta o vial de baixada á praia de Area de Bon
Esta semana remataranse as obras de pavimentación do vial de baixada á praia de Area de Bon. Tal e como declarou o alcalde, Félix Juncal, na mañá deste luns despois da visita ás obras, “a actuación vai permitir o arranxo dun camiño moi utilizado pola cidadanía, que incrementa moito o seu uso na tempada estival”. Ademais, vaise aproveitar para asfaltar outro tramo sito en Bon de Abaixo, concretamente xunto ao lavadoiro de Tomadelo.
As obras estanse levando a cabo no marco dos remanentes do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra, e a empresa adxudicataria é Nexia Infraestruturas SLU, cun orzamento de 47.132,88 €.