Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno decembro 2018

O vindeiro 3 de decembro terá lugar a sesión plenaria da corporación de Bueu ás 20.00 h. Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm.15/18, ordinaria do 05.11.2018).
2.- Proposta da Alcaldía de adhesión do Concello de Bueu ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Expediente 2310/2018.
3.- Proposta da Alcaldía de acordo de aprobación da Conta Xeral formulada ao Pleno. Expediente 1997/2018.
4.- Proposta da Alcaldía de desestimación da alegación presentada contra o Orzamento Xeral, o Plantel, Catálogo e Anexo de Persoal Municipal e de aprobación definitiva do Orzamento Municipal para o exercizo 2018, do Anexo e Cadro de Persoal e o Catálogo de Postos de Traballo. Expediente 2041/2018.
5.- Proposta de alcaldía relativa á determinación dos festivos locais para o ano 2019. Expediente 2790/2017.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
1.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal dende a derradeira sesión ordinaria.
2.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS

Anuncio pleno decembro 2018