Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu mellora a iluminación no Campo de Fútbol de Laxes

  • Esta actuación forma parte dos traballos de mantemento que se están levando a cabo nas infraestruturas deportivas municipais

O Concello continúa cos traballos de reparación, mantemento e mellora das infraestruturas deportivas municipais. Esta semana estase procedendo á mellora da iluminación no Campo de Fútbol de Laxes, na parroquia de Beluso, onde fai un ano se comezou unha acción experimental consistente na instalación de luminarias con sistema LED. Segundo destacou o alcalde, Félix Juncal, “tal e como quedaramos coa directiva da CD Beluso e dado o bo resultado, decidimos incorporar oito novos proxectores”. Así, esta actuación suporá a mellora da iluminación do terreo de xogo porque a que había ata agora era deficiente. Nos vindeiros meses haberá unha renovación completa da totalidade dos proxectores.

Así mesmo, tamén se están substituíndo varios cristais das bancadas do campo de fútbol de Bueu, no que se realizarán outras labores de mantemento en próximos días. E na Nave de Deportes Náuticos continúan coa construción dun novo módulo de vestiarios masculinos, que complementarán aos femininos xa existentes.