O Concello de Bueu celebra este venres os actos centrais do Día Internacional da Non Violencia Contra As Mulleres
-
Ás 11.45 h terá lugar unha concentración silenciosa diante do Concello, seguida da declaración conmemorativa e acto de entrega agasallos ao alumnado premiado no XVI Concurso de Carteis
-
Ás 19 h, a Deputación organiza unha charla na que lideresas indíxenas contarán as súas experiencias na loita dos dereitos das mulleres
O Concello de Bueu celebra este venres, 23 de novembro, os actos centrais polo Día Internacional da Non Violencia Contra as Mulleres que, ao igual que en anos anteriores, ten como eixe vertebrador aos máis pequenos e pequenas. Ás 11.45 h terá lugar a concentración en memoria das vítimas da violencia machista na Praza do Concello e, a continuación, no Centro Social do Mar, alumnado do CPR Virxe Milagrosa realizará a Declaración Conmemorativa desta data seguida da entrega de premios do XVI Concurso de carteis. En concreto, Ana Adriana Mayo López, alumna de 5º de primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra fíxose co primeiro premio de primaria; Hugo Freire Lores, de 3º da ESO do IES Johán Carballeira levou o primeiro premio de educación secundaria, ao igual que Antía Novas Arribas, de 3º da ESO do IES Illa de Ons. Ademais, o xurado elixiu nove diseños como mencións especiais: Enara Ferradás Álvarez, de 6º de primaria do CEIP Montemogos de Beluso; Xiana Dios García, de 6º de primaria do CEIP A Torre de Cela; Eloy Alfaya Portela, de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra; Irene Méndez del Río, de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra; Daniel Moital Pastoriza, de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra; Anxo Rodríguez Juncal, de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra; Cristina Davila Otero, de 3º da ESO do CPR Virxe Milagrosa; Lucía Pérez Pereira, de 3º da ESO do CPR Virxe Milagrosa; Aitor Budiño Franco, de 3º da ESO do IES Johán Carballeira
Ao longo desta semana, máis de cento cincuenta establecementos bueueses uníronse á campaña “Bueu en negro contra as violencias machistas”, e por iso os escaparates e demais espazos públicos e privados se visten de loito como símbolo de protesta contra as violencias machistas. O Concello de Bueu adheriuse este ano por primeira vez á campaña, na que participan un cento de concellos galegos.
Pola tarde, ás 19.00 h, a Deputación Provincial de Pontevedra organiza na Sala Domínguez Búa unha charla a cargo de Juventina López, activista, mediadora de conflitos, guía espiritual, indíxena mam e filla dun líder comunitario que loitou pola recuperación de terras ancestrais; e Ita Xocol, de 23 anos, unha defensora dos dereitos das mulleres k’iche’ en Nahualá, en Guatemala. A iniciativa englóbase no marco do proxecto “Mulleres que mudan o mundo”, coa colaboración da Coordinadora Galega de ONGD, unha entidade formada por 46 organizacións que traballan no campo da cooperación internacional.
Nas semanas previas tamén se desenvolveron obradoiros de novas masculinidades nos centros de primaria e secundaria da vila, e o pasado venres o Cineclub Bueu proxectou Lady Macbeth, un filme de William Oldroyd que plasma na pantalla a asfixiante atmosfera de séculos de opresión silenciosa á muller. Por último, a Biblioteca Municipal Torrente Ballester conta cunha exposición de libros relacionados coa violencia machista e outros que teñen ás mulleres como protagonistas.