Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu dá a coñecer os gañadores/as do XVI Concurso de Carteis Contra a Violencia de Xénero

O Concello de Bueu, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), xa elixiu aos gañadores/as do XVI Concurso de Carteis contra a violencia de xénero, que se convoca todos os anos e que está dirixido aos centros educativos de primaria, ESO e Bacharelato. O xurado, conformado por Ana Isabel Otero Pastoriza, concelleira de igualdade, Montserrat González, directora do CIM, e Iago Comedeiro, deseñador gráfico, reuniuse este martes ao mediodía para deliberar e destacou o número de traballos presentados, un total de 195 carteis, dos que se seleccionaron os seguintes gañadores/as:

PRIMEIRO PREMIO DE PRIMARIA: ANA ADRIANA MAYO LÓPEZ, de 5º de primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra

PRIMEIRO PREMIO DA ESO: HUGO FREIRE LORES ,de 3º da ESO do IES Johán Carballeira

Este é o cartel elixido como deseño publicitario da campaña local do 25N.

PRIMEIRO PREMIO DA ESO: ANTÍA NOVAS ARRIBAS, de 3º DA ESO do IES Illa de Ons.

MENCIÓNS ESPECIAIS:

1. Enara Ferradás Álvarez, de 6º de primaria do CEIP Montemogos de Beluso

2. Xiana Dios García, de 6º de primaria do CEIP A Torre de Cela

3. Eloy Alfaya Portela, de 6 de primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra

4. Irene Méndez del Río, de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra

5. Daniel Moital Pastoriza, de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra

6. Anxo Rodríguez Juncal, de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra

7. Cristina Davila Otero, de 3º da ESO do CPR Virxe Milagrosa

8. Lucía Pérez Pereira, de 3º da ESO do CPR Virxe Milagrosa

9. Aitor Budiño Franco, de 3º da ESO do IES Johán Carballeira

Programación 25 de novembro

A entrega de premios será o vindeiro 23 de novembro durante os actos institucionais que se celebrarán para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, e que incluirán unha concentración en memoria das vítimas da violencia na Alameda do Concello, cun minuto de silencio como repulsa ante todo tipo de violencia, en especial, á que se exerce sobre as mulleres. A continuación, no Centro Social do Mar, o alumnado do CPR Virxe Milagrosa fará unha Declaración conmemorativa e a continuación farase entrega dos premios do XVI Concurso de Carteis contra a violencia de xénero.

O obxectivo deste concurso, así como das accións levadas a cabo desde o CIM de Bueu é acadar unha maior sensibilización social entre o alumnado da vila na prevención e eliminación dos comportamentos violentos contra as mulleres. Por iso, e dada a importancia da educación na consecución da igualdade, estanse organizando obradoiros sobre novas masculinidades para os centros educativos da vila, ademais se recomendarlle desde o CIM bibliografía e filmografía para traballar esa data.

A programación tamén inclúe a proxección, coa colaboración do Cineclub Bueu, do filme Lady Macbeth o 16 de novembro ás 21 horas no Centro Social do Mar, e os escaparates dos establecementos comerciais da vila vestiranse de negro no marco da campaña “Bueu en negro contra as violencias”, á que o Concello se adheriu este ano.