Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Comezan as obras de pavimentación do vial As Meáns-Castiñáns

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, e o arquitecto técnico municipal, Alfredo de la Campa visitaron este mércores as obras de pavimentación que se están levando a cabo no vial entre As Meáns e Castiñáns e que é probable que rematen esta semana. A empresa Construcciones Fechi resultou adxudicataria do contrato cun orzamento de 29.104,76 €.

Esta actuación realízase con cargo ao Plan de Mellora de Camiños 2018-2019 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), que tamén comprende o tramo entre Outeiro e As Tafonas. Así, en total vaise mellorar máis dun quilómetro (730 metros entre Meáns Castiñans e 250 no caso de Outeiro- As Tafonas).

Con estes novos asfaltados, o goberno local mostra a súa satisfacción por poder incrementar e mellorar as infraestruturas no rural.