Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu consolídase como destino turístico

  • Nos meses de xullo e agosto, a Oficina de Turismo de Bueu recibiu un total de 1.220 visitantes

A Oficina de Turismo de Bueu recibiu un total de 1.220 visitantes entre os meses de xullo e agosto, que o sitúan nun dos destinos turísticos máis demandados das Rías Baixas. Así o salienta a concelleira de turismo, Silvia Carballo, quen explica que, segundo as estatísticas deste ano, as persoas provintes de Francia e Inglaterra son as que máis abundan de entre as estranxeiras que visitan a vila morracense.

Os datos do persoal da Oficina de Turismo, que estivo financiado con cargo a unha subvención da Deputación de Pontevedra, mostran que arxentinos e portugueses son nacionalidades que tamén visitaron Bueu, aínda que tamén se achegaron ata as dependencias da Sala Domínguez Búa persoas de México, Bélxica, Italia, Estados Unidos, Suíza e Alemaña. Segundo isto, as persoas estranxeiras visitantes supoñen arredor cento, mentres que as restantes corresponden a Galicia e ao resto de España. De entre eles, os madrileños/as son os que máis se decantan polo municipio bueués, aínda que tamén Salamanca, Estremadura, Barcelona, Xixón, Valencia, León, Burgos, Marbella, Sevilla, San Sebastián, Guadalaxara, Alacante, Zaragoza, Zamora, Ponferrada, Cáceres, Vitoria, Xaén, Navarra ou Valladolid.

En canto ás formas de aloxamento, as estatísticas mostran que a gran maioría dos visitantes se decantaron polo apartamento. A modalidade do hotel, piso particular, casa de turismo rural e camping foron tamén elixidas.

Como xa vén sendo habitual, o Concello organizou durante todo o verán moitas e diversas actividades destinadas tanto á poboación local como aos turistas. Tal foi o caso dos obradoiros medioambientais nas praias e nas Aulas Medioambientais, as rutas de sendeirismo, as proxeccións de “Cinema na rúa”, as freguifestas… Ademais, dous eventos de grande proxección que atraeron visitantes foron o Festival Sonrías Baixas (que se celebrou a primera fin de semana de agosto), e a Festa do Polbo (que tivo lugar do 10 ao 12 de agosto).

0 Comments

Aínda non hai comentarios

Deixar un comentario