Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu comeza as obras de pavimentación do Camiño da Cereixeira

Esta semana arrancaron as obras de pavimentación do Camiño da Cereixeira, no lugar de A Graña. A actuación conta cun orzamento de 17.091,93 € e está sendo acometida por parte da empresa Vale con cargo aos remanentes do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra. Este vial é moi utilizado pola cidadanía e atopábase en moi mal estado de conservación. Os traballos inclúen o desbroce e retirada de vexetación herbácea, a limpeza enérxica de superficie de pavimento existente, a pavimentación e a instalación de tapa e marco para arquetas existentes.

Así mesmo, con cargo ao Plan de Mellora de Camiños 2018-2019 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), remataron as obras de asfaltado no tramo de 250 metros entre Outeiro e As Tafonas. A empresa adxudicataria é Construcciones Fechi cun orzamento de 18.765,04 €.

Por outra banda, actualmente tamén se están levando a cabo con cargo aos remanentes do Plan Concellos 2016 as obras de asfaltado do camiño de baixada á praia de Area de Bon (Beluso) e as de creación dun vestiario para homes, que complementará o de mulleres, na Nave de Deportes Náuticos de Pescadoira.

Pavimentación camiño As Tafonas- Outeiro