Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu aproba o calendario fiscal para o ano 2023

O Concello de Bueu vén de aprobar o calendario fiscal para o ano 2023, no que se regulan os prazos de pagamento das taxas e impostos municipais.

En canto aos impostos, para o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM ou rodaxe), o período voluntario de cobro será entre o 13 de marzo e o 19 de maio; para o Imposto sobre Bens Inmobles urbanos e rústicos (IBI ou contribución), entre o 19 de xuño e o 25 de agosto; para o Imposto de Actividades Económicas (IAE), entre o 11 de setembro e o 17 de novembro.

E para as taxas, o período voluntario de cobro para as ocupacións de vados será entre o 11 de setembro e o 17 de novembro, e para os mercados e mercadiños dividiranse en varios prazos segundo os trimestres: o 4º trimestre de 2022, do 2 de xaneiro ao 3 de marzo; o 1º trimestre de 2023, do 13 de marzo ao 19 de maio; o 2º trimestre, do 19 de xuño ao 25 de agosto; o 3º trimestre, do 11 de setembro ao 17 de novembro; e o 4º trimestre, do 1 de xaneiro ao 4 de marzo do 2024.

Para o pagamento destes impostos e taxas, a cidadanía pode empregar a Oficina Virtual Tributaria, para o que deberá contar con Certificado Electrónico ou Dni-e. Así, a persoa contribuínte poderá pagar os seus recibos, consultar a súa situación tributaria, domiciliar os seus pagos ou cambiar o número de conta, acceder a notificacións, solicitudes, etc.

Para máis información ou dúbidas, a cidadanía pode contactar coa Oficina de Xestión Tributaria no teléfono 986390066.