Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O artista Camilo Camaño doa libros as bibliotecas de bueu

O artista cangués Camilo Camaño Xestido fixo este xoves unha doazón de libros da Casa Museo A Mangallona ás bibliotecas dos centros educativos da vila de Bueu, e tamén ás municipais. O obxectivo desta entrega non é outro que «tentar que a arte e a cultura cambie o mundo», en palabras do pintor, e por iso contribúe a esta causa dando a coñecer este material por todos os lugares posibles.

O acto, que tivo lugar no Centro de Asociacionismo de Bueu (CDA), contou coa presenza de Teresa López, concelleira de educación, José I. García Cuervo, edil de facenda e tamén membro da Fundación A Mangallona, e de representantes dos centros educativos do municipio.