Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

V Xornadas Alfombras Florais: Inauguración exposición e conferencia

Evento xa rematado

A Asociación de Alfombras organiza do 10 ao 26 de maio as V Xorndas de Alfombras de Bueu. O venres 10 de maio ás 19 h inaugúrase unha exposición na Sala Amalia Domínguez Búa na que se recollen fotos do Corpus de Bueu nos anos 80 e 90, para o que se contou coa colaboración de Foto Amando. Ese mesmo día, ás 20 h, a Sala Nobre do Museo Massó acolle a conferencia de Carlos Henrique Fernández-Coto, arquitecto e presidente da Asociación de Defensa do Patrimonio, e que falará sobre o Patrimonio Cultural Inmaterial. A presentación será a cargo de Vicenta Pallarés i Castelló, presidenta da Comisión Xestora Internacional de Entidades de Alfombristas de Arte Efémero, e ao remate terá lugar unha actuación de Emilio Rodríguez Miranda.

Información V Xornadas Alfombras Florais