Presentación libro: «Nada bueno germina» de César Pérez Gellida
Evento xa rematado
-
Data
11 agosto, 2025
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o 11 de agosto a presentación do libro Nada bueno germina, de César Pérez Gellida. O acto terá lugar ás 21.00 horas no Centro Social do Mar.
SINOPSE: Nos anos convulsos da España de comezos do século XX, mentras o país se desangra entre a fame, a violencia e a ameaza dunha epidemia, Sebastián Costa e Antonia Monterroso fuxen cara adiante, atravesando Xaen, Córdoba, Madrid e Valladolid coa promesa dun futuro ao outro lado do Atlántico. El, un veterán de guerra convertido en atracador; ela, unha muller forzada na supervivencia e a ambición. Xuntos forman unha alianza marcada pola sede de riqueza, a desconfianza e un desexo tan intenso coma perigoso.
Pero as débedas co pasado nunca quedan saldadas. No seu camiño deixan cadáveres, inimigos e un rastro de sangue que outros están decididos a seguir. Entre a persecución de quen ansían velos caer e as gretas que se abren entre eles, a dúbida asola a súa vida: ata onde estarán dispostos a chegar para ser libres?